Casa do Adriano (Casa da Maleta) 37
Edificio Barallobre
localización
Sobre o fito
A Casa da Maleta, tamén coñecida como Casa do Adriano, foi construída no ano 1921 por Antonio Fernández Fernández quen fora emigrante en Cuba. Edificada a carón do Camiño da Vrea nunha finca en pendente duns 1250 m² dos que a vivenda ocupa uns 120 m², ten unha peculiar pranta en forma de flecha presentando un total de oito fachadas. Esta característica responde ó feito de que o modelo traido de América que se tomou para a edificación estaba inicialmente concebido para ser emplazado nunha esquina. Ten dúas plantas adicadas ambas a vivenda.
Sen dúbida é esta unha das edificacións indianas máis relevante e singular do concello. Dende o punto de vista constructivo trátase dunha das primeiras edificacións da comarca nas que toda a estructura, tanto horizontal como vertical, esta feita a base de formigón. Pero o que a primeira vista destaca máis, xunto coa configuración da súa pranta, son os miradoiros do primeiro andar e da terraza así como a cúpula nervada coroada pola estatua da maleta tamén situada na terraza da cuberta, que é plana. Os dous miradoiros están un sobre o outro, e teñen forma de balcón circular. Toda a estructura abalcoada está apoiada nunha gran columna troncocónica de capitel palmiforme.
Tamén singulariza a esta edificación a rica ornamentación tanto exterior como interior.