Igrexa de Santiago 38

Edificio Barallobre

localización

Sobre o fito

Trátase dunha igrexa datada no século XVII dentro do estilo barroco. A pranta é rectangular, de tres naves separadas por piares e ábsidas cadradas, aínda que conta cun engadido na cabeceira de tipo semicircular ó que se accede pola capela dereita. Como é habitual, a decoración concéntrase na fachada principal, formada por tres corpos en contraste, xa que o central permanece de pedra vista (perpiaños de granito) e os laterais están revocados e pintados de branco, sendo un óculo o único motivo decorativo de ambos. Na zona central, a porta, a fornela coa imaxe de Santigo e a espadaña superpóñense nun claro eixo lonxitudinal ó que contribúe a ruptura no centro da cornixa dobrada que separa o pano central da espadaña. Ésta é doble e se remata con pináculos.

A volumetría exterior é notablemente rica, dada a maior altura do cruceiro, marcando o desenvolvemento da cuberta de tella plana en todo o edificio excepto na sacristía, donde se optou pola tella curva. Todos os paramentos aparecen revocados e pintados de branco, ó igual que os laterais da fachada, deixando en pedra vista os esquinais e o recercado de ocos.

Imaxes

Igrexa de Santiago
  • Igrexa de Santiago
  • Igrexa de Santiago

Na rota

Anterior: Casa do Adriano (Casa da Maleta)

Seguinte: Pena do Castro