Guía de sendeirismo
camiñar
Camiñar é unha actividade rítmica sinxela que condiciona unha mínima tensión para ou corazón e ou aparello locomotor, á vez que distrae a mente. É coñecido que un exercicio tan suave como un paseo, aínda que non modifique de forma acentuada a capacidade cardiovascular das persoas que o practican, protexe contra a cardiopatía isquémica e axuda a perder peso.
Pódese camiñar a calquera idade, e non son necesarias instalacións nin materiais especiais. Facelo durante unha hora ao día, cunha marcha algo máis rápida que a habitual, serve de adestramento.
Hai que procurar ir acompañado, e proxectar cada certo tempo metas novas para ir camiñando cada día algo máis rápido e máis tempo.
sendeirismo
O Sendeirismo é a actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños balizados, preferentemente tradicionais, situados no medio natural. Busca achegar ás persoas ó medio natural e ó coñecemento do país a través dos elementos patrimoniais e etnográficos.
O seu OBXECTIVO é a mellora das condicións físicas e psíquicas dos individuos, a través do exercicio dunha actividade deportiva adaptable á escala do practicante. Busca tamén recuperar a paisaxe para a persoa e recuperar o patrimonio enriquecéndoo.
recomendacións
- Coñecer o percorrido: distancia, desniveis, dificultades, etc, e plantexar as etapas acordes ó tempo dispoñible e á nosa condición física e posibilidades. Plantexar paradas no itinerario seleccionado. Observa-las normas de circulación para peóns polas estradas: no lado esquerdo das mesmas, e levar sinalización reflectante se camiñamos ao mencer ou solpor. Evitar camiñar de noite.
- Importante a preparación previa (quecemento articular e estiramentos musculares) e a recuperación posterior (relaxación e soltura muscular)
- Levar a vestimenta adecuada e cómoda, adecuada a cada estación do ano. Leva un calzado adecuado, con adoites antiderrapantes e cana alta que suxeite o nocello; calcetíns sen remendos e costuras e axustados ó pé, roupa de abrigo se é preciso.
- Comunicar a nosa intención de realizar a ruta decidida ós nosos coñecidos; é tamén recomendable levar un telefono móbil
- Aconsellable hidratarse adecuadamente, xa antes do comezo da marcha así como durante a mesma e logo de rematar (ollo con beber en fontes ou mananciais no camiño; asegurarse de que son potables). Se imos camiñar máis de 2 horas, levar tamén algún alimento lixeiro e reconstituínte (froita, froitos secos…). Importante recoller todo o lixo xerado e depositalo nun contedor axeitado ó chegar á poboación; as mondas das froitas son biodegradables, así coma os panos de papel, pero tenta de non deixalos á vista.
- Tenta de non fumar, e no caso de facelo, non tire-las cabichas.
- Se imos camiñar acompañados dun can, deberá de ir atado para que non moleste nin asuste ao gando ou outros animais.
- Lavar un paso regular; desaconsellables vos cambios de ritmo
- Respecta a sinalización; levarate pólo bo camiño; non se debe de atallar xa que deteriora o sendeiro (nas zonas naturais). En xeral, respecta a natureza, así como a propiedade privada ou pública (valados, carteis, etc); no caso de atopar portas, cancelas, trancas… deberás deixalos pechados para evita-lo paso do gando ou outros animais. Tamén, Cruza sempre as terras de labranza polos carreiros e non pises nunca o sementado.
- Respecta e coida as fontes, ríos e outros cursos de auga. Non vertas neles xabóns, deterxentes, produtos contaminantes nin residuos.