Parque do Camiñante descoñecido 36
Parque Barallobre
localización
Sobre o fito
Fito fora de rota
O Monumento ó Camiñante Descoñecido foi inaugurado o 1 de Xullo de 1934, aínda que a súa primeira pedra fora posta en Maio dese mesmo ano. O monumento forma unha espazosa praza con forma semicircular. No centro atópase un pedestal no que se sitúa o banco co nome de Curros Enríquez e que está cuberto cun tellado a catro augas apoiado sobre dúas columnas.No seu cumio aparece a lenda “Ó Camiñante Descoñecido”. Ó redor deste pedestal sitúanse diferentes bancos cos nomes de diferentes persoeiros da cultura galega e unha fiestra que representa á “Biblioteca” dese “Viator Ignotus”.
En Maio de 1984 este monumento foi trasladado á súa localización actual para suprimir un paso a nivel sobre a liña do ferrocarril. Anteriormente atopábase situado uns metros máis arriba da súa posición actual, preto da estación de ferrocarril de Barallobre. Aproveitouse esta ocasión para engadir tres novos bancos dedicados a Castelao, ós irmáns Vilar Ponte e ó poeta Pérez Parallé.