Lugar de Marraxón 6

Paisaxe Sillobre

localización

Sobre o fito

Casa tradicional de sobrado situada no lugar de Marraxón. Construída probablemente a finais do século XIX, ten dividido o espacio doméstico en tres ámbitos funcional e simbólicamente diferenciados, a cociña, a corte e o sobrado, extendido este sobre un piso de madeira encima da corte. A cociña e a corte están comunicadas polas fiestras das comedeiras. A cuberta a dúas augas conta con tella do país. Ten adosados ós muros un alpendre a cada lado da fachada frontal, en distintos estados de conservación en un dos muros da cociña sobresae o forno circular. Esta casa está habitada e constitúe un magnífico exemplo de toda unha forma de vida xa a punto de desaparecer.

Imaxes

Lugar de Marraxón
  • Lugar de Marraxón
  • Lugar de Marraxón

Na rota

Anterior: Couto do Rei

Seguinte: Fervenza e Fábrica de Luz