Galería de Imaxes

Lugar de Marraxón, Paisaxe, Sillobre

Lugar de Marraxón

Casa tradicional de sobrado situada no lugar de Marraxón. Construída probablemente a finais do século XIX, ten dividido o espacio doméstico en tres ámbitos funcional e simbólicamente diferenciados, a cociña, a corte e o sobrado, extendido este sobre un piso de madeira encima da corte. A cociña e a corte están comunicadas polas fiestras das comedeiras. A cuberta a dúas augas conta con tella do país. Ten adosados ós muros un alpendre a cada lado da fachada frontal, en distintos estados de conservación en un dos muros da cociña sobresae o forno circular. Esta casa está habitada e constitúe un magnífico exemplo de toda unha forma de vida xa a punto de desaparecer.

Máis imaxes do fito

  • Lugar de Marraxón

Imaxes da mesma parroquia

  • Igrexa de Santa Mariña
  • Igrexa de Santa Mariña

Imaxes do mesmo tipo

  • Rampla de Barallobre
  • Rampla de Barallobre

Categorías

Por Tipo

Por Parroquia