Torre Borrás 29

Edificio Maniños

localización

Sobre o fito

Edificada a principios do século XX é esta unha das vivendas máis singulares do concello de Fene a pesares do seu mal estado de conservación ó estar deshabitada. Está no lindeiro dunha parcela de máis de 4000 metros cadrados, situada na estrada da Armada e amosa un estilo ecléctico con moitos rasgos neoclasicos.

Ten unha pranta complexa en forma de U na que se adhiren diversos corpos, fundamentalmente galerías, estando perdida por derrube a máis grande delas. A estructura vertical está feita a bese de muros de carga de pedra e a estructura horizontal con vigas de madeira. Conta con dúas prantas con cuberta de tella nunhas zonas e noutras con cuberta plana configurada como azotea, máis propia de climas centroamericanos que de Galicia. Nun dos laterais existe un corpo turriforme de catro plantas coroado por unha terraza na que se eleva unha segunda torre de menor tamaño e tamén coroada por unha terraza.

As cubertas planas das terrazas contan perimetralmente cunha singular balaustrada a base de piares de formigón de dous tamaños e coroados uns por bolas e outros por macetas. Ese mesmo recurso ornamental vémolo utilizado nos antepeitos dos balcóns do primeiro andar da fachada frontal, que presentan nos vans uns recercos nas xambas en forma de pilastras adosadas que serven de sostén a uns frontóns sobre os linteis.

Imaxes

Torre Borrás
  • Torre Borrás
  • Torre Borrás

Na rota

Anterior: Parque O Piñeiro

Seguinte: Praia de Maniños