Pazo dos Montenegro 32
Edificio Fene
localización
Sobre o fito
Fito fora de rota
O pazo de Maniños, tamén coñecido como Pazo dos Montenegro, está situado na Ribeira de Maniños. Antigamente tivo unha capela dedicada á Sagrada Familia que foi derrubada na posguerra. Sobre o solar onde estaba situada, moi próximo ó pazo, construíuse un chalet. Desa capela queda unha pedra de armas que estaba situada no seu frontis e que representa un escudo cos escaques da familia Bermúdez decorado con bandeiras, un castelo sobre peñascos xunto cunha aguia voando, unha manopla, unha roda e un obxecto parecido a un escudo. Tamén aparece gravada a lenda “Armas de Bermúdez de Castro”.