Igrexa de Santa Olaia 18

Edificio Limodre

localización

Sobre o fito

Trátase dun edificio de estilo barroco que posúe unha planta básica de cruz latina á que se engade unha capela rectangular utilizada como sacristía. A súa característica máis destacable é a gran sinxeleza decorativa, limitándose a ornamentación á fachada principal. Nesta, o elemento predominante é a verticalidade, xa que nela superpóñense a porta da entrada, un pequeno van rectangular e, sobre a cornixa, unha espadaña con dous corpos nos que se introduce o arco: os dous inferiores para as campás e o superior como ornamento. Os muros aparecen enlucidos excepto nos esquinais e arredor dos vans. No interior o máis interesante son os arcos que enmarcan as capelas laterais e o arco triunfal que separa a nave do altar maior.

Imaxes

Igrexa de Santa Olaia

Na rota

Anterior: Cemiterio Municipal

Seguinte: Marco de San Lourenzo