Igrexa de San Xosé 25

Edificio Limodre

localización

Sobre o fito

Construída no ano 1947 por Don José Andrés Vázquez e a súa familia, reflicte o gusto indiano pola reconstrución historicista de vellos estilos apreciándose, en concreto, un claro influxo neogótico. Con planta de cruz latina, concentra toda a decoración na fachada principal na que é notable o desenvolvemento en altura. Nela destaca a portada principal, abucinada, con arquivoltas apuntadas enmarcadas nun gablete coroado cunha cruz e un segundo nivel que repite os motivos apuntados, esta vez enmarcando un vano xeminado. O xogo de volumes da fachada completase co campanario que, cos seus pináculos e seu remate en agulla subliña a tensión ascendente do conxunto, e coa unión aos paramentos laterais, tamén horadados de vans apuntados e coroados con pináculos. No interior, é interesante o altar dedicado á Virxe da Caridade, patroa de Cuba, costeado por D. Juan Varela, residente en dicho país.