Casa do Concello 1
Edificio Fene
localización
Sobre o fito
O actual edificio que sirve de sede o Concello foi inaugurado no ano 1980 sendo o proxecto do arquitecto Alberto Campo Baeza. Situado na Avenida do Concello é unha edificación que se enmarca dentro do estilo racionalista.
Cunha pranta básicamente rectangular, estructúrase en soto, baixo e tres andares, contando ademais cun volume turriforme que recrea as torres con reloxo de moitas antigas casas consitoriais; a diferencia de tamaño entre o baixo e o primeiro andar por un lado e o segundo e terceiro andar por outro configura nas fachadas laterais uns espacios asoportalados que teñen continuidade no perimetro lateral da praza que existe entre a fachada frontal do concello e o antigo edificio do xulgado, hoxe asimilado ás propias dependencias da casa consistorial.
Todo o edificio está organizado interiormente como oficinas de atención o público, despachos, arquivos, salón de plenos e sala de exposicións destacando a intención clara de potenciar tanto no interior como no exterior do edificio a diafanidade e a iluminación natural.