Capela de San Marcos 10
Edificio Sillobre
localización
Sobre o fito
A capela de San Marcos atópase no lindeiro da parroquia de Sillobre e do propio concello de Fene, á carón dun cruce de camiños. Trátase dunha pequena edificación con pranta rectangular e nave única, realizada en robusto muro de cachotería vista. Presenta pequenas fiestras rectangulares nas fachadas laterais, aínda que os vans principais, a porta da entrada e outra ventá, ubícanse na fachada principal nun eixo vertical que se completa co aleiro do tellado e a espadaña para unha soa campá. A cuberta é a dúas augas, de tella do país.