Asteleiros (Antiga ASTANO) 40
Edificio Perlío
localización
Sobre o fito
Fito fora de rota
“Astilleros y talleres del noroeste” foi unha empresa do sector naval actualmente integrada en Navantia.
Fundada en 1941 por José María González-Llanos. Comeza adicandose á construción de barcos pesqueiros en madeira. En 1944 convértese en sociedade anónima e acométese o paso á construción en metal, e comeza un medre sostido apoiado na expansión da pesca e nun mercado protexido. A primeira crise chega en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comeza un xiro cara á elaboración de navíos de carga. A crise definitiva chega en 1971 coa empresa nunha situación critica que provoca a toma de control polo do INI que non consegue endereitala. A subseguinte crise do petróleo en 1973 acabou por condenar ao estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se bota o “Arteaga”, navío de 350.000 toneladas e enorme éxito da construción naval nacional a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu medre tecnolóxico e a botadura do navío mais grande, o “Santa Maria” en 1975. A factoría traballaba por debaixo da sua capacidade e n 1979 o INI faise cargo da totalidade da empresa e inxecta un novo capital de 3500 millóns de pesetas.
Nese contexto de profunda reconversión producese a negociación do ingreso de España na Unión europea (entón CEE). O goberno (do socialista Felipe González) propuxo limitar a produción de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceitado pola CEE con fortes reservas. Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha mais forte reconversión perdendo 3.600 empregos fronte a reducións menores en Cádiz e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, isto provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chégase á negociación coa UE do 2004 onde o goberno opta por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1.150 empregados aos 300 que ten hoxe.