
Galería de Imaxes
Igrexa de Santa Mariña, Edificio, Sillobre

A igrexa de Santa Mariña de Sillobre é unha edificación de estilo barroco datada na primeira metade do século XVII. Trátase dun edificio con pranta de cruz latina que presenta dous engadidos rectangulares: ún á altura do presbiterio, que funciona como sacristía, e outro no muro meridional. É, sin dúbida un dos edificios relixiosos mais antigos e mellor conservados do concello. Ó seu carón atópase a Sociedade Agarimo e o Parque do Souto.