
Galería de Imaxes
Fervenza e Fábrica de Luz, Paisaxe, Sillobre

Situado moi preto da fervenza do Belelle hai un conxunto de edificacións que forman parte da central hidráulica ás que se chega despois de cruzar unha ponte de pedra. A fábrica orixinal foi construída no ano 1901, pero na década dos oitenta do século XX foi reformada ata acadar a súa configuración actual. A fábrica consta de dous corpos, un deles lonxitudinal e que conta con dúas alturas e outro formado por unha torre de planta cadrada e que conta con tres alturas. Os seus muros son de carga de pedra, os seus paramentos están recebados e pintados de branco. As cubertas son a dúas augas no corpo lonxitudinal e a catro augas na torre.